Blade Runner Recortes de prensa
¡Opina sobre esto no foro!
SINOPSE - FICHA TÉCNICA - VIDEOGRAFÍA DISCOGRAFÍA - BIBLIOGRAFÍA - ENLACES IMAXES - DESCARGAS - A XESTACIÓN OFFWORLD - RIDLEY SCOTT - PHILIP K. DICK REPARTO - A DOBRAXE - REFLEXIÓNS

RECORTES DE PRENSA

"A imaxe que se da do planeta Terra a través da cidade de Los Ángeles non pode ser menos atractiva: as rúas da cidade presentan un angustioso hacinamento humano con abundancia de cidadáns orientais e sudamericanos (un dos neóns que anuncia un espectáculo ostenta o nome de "Dolores García": unha das propostas máis suxerentes da película está nese apunte de que as grandes cidades norteamericanas do século XXI convertéronse en guetos para os que en EE.UU. son considerados cidadáns de terceira, case unha colonia tercermundista); a chuvia sucia cae con monótona persistencia, as rúas son barridas con focos, e os neóns, todos de cores rechamantes, contribúen a aumenta-la sordidez do conxunto; os spinners (coches policiais) sobrevoan a cidade; no alto dos edificios, a publicidade da Coca-Cola segue amenazando a todos, e nun xigantesco mural de vídeo unha xaponesa canta en primeiro plano unha canción oriental cunh cadencia que confire un extraño tono lánguido e fantasmagórico ós planos de exteriores."

JOSÉ MARÍA LATORRE, Dirigido por. Outubro, 1982.


"Ridley Scott utiliza tóda-las convencións do cine negro, coma a voz en off do narrador, sabiamente combinadas con fórmulas incorporadas da ciencia-ficción e do cine de terror. Para dar vida ós principais protagonistas seleccionou un espléndido reparto formado por ilustres descoñecidos, os hoxe consagrados Sean Young, Rutger Hauer, Daryl Hannah, e unha futura estrela, Harrison Ford, que cun sorprendente cambio de rexistro respecto ó papel que lle deu fama -xa non é Han Solo, o heroe sen mácula, senon un perdedor, un cazarrecompensas cansado de loitar- permitiu vislumbrar ó grande actor que é hoxe en día.
Apoiados nun soberbio guión, unha atmósfera lúgubre e uns efectos especiais brillantes y convincentes, obra de Douglas Trumbull, o cineasta británico realizou un filme cheo de suxerencias con esceas maxistrais que falan por sí mesmas da categoría dun director. Secuencias cheas de tenrura como o beso de despedida do xefe dos replicantes a súa amada morta, o plano das súas bágoas mesturándose no seu rostro coa chuvia ou o apaixoante enfrentamento final, rematado cunha inesperada e lírica conclusión -a morte da máquina regalando a vida ó seu perseguedor- proporcionaron por primeira vez no cine de Scott esee hálito poético que tanto botabamos en falla."

JUAN TEJERO, Cinerama. Novembro, 1982.

"Blade Runner presentouse no último festival de Venecia donde sorprendeu a quenes confiaban esperanzados en que a nova obra do director de Alien aportaría un mundo imaxinativo capaz de ensinar ós demáis para qué poden servir a liberdade e os medios. De ahí que decepcionara a gran parte dos críticos que Ridley Scott se limitara a inspirarse en Metrópolis -que Fritz Lang dirixiu en 1927- para non superalo. Máis terrorífica foi aquela cidade inventada polo cineasta alemán que a rúa do barrio chino de Los Ángeles donde Scott situou ós seus personaxes: o fume, a suciedade, a aglomeración dos transeúntes son evidentemente terribles, pero o edulcoramento da vulgar peripecia do protagonista en que ela se sitúa e a confusión con que está rodada converte en monótono cartón-pedra o que quizáis estivera concebido como estrela da película. Moito máis decepcionante aínda cando os productores non dudaron en amontoar nesa rúa os máis variados anuncios sobre artículos que quizáis continúen vixentes no 2019, ano en que se sitúa a acción, pero que son ahora inmediatas invitacións ó consumo: desde refrescos multinacionais a coñecidas compañías aéreas, pasando por productos electrodomésticos, tecnolóxicos e de recreo. Blade Runner máis parece en ocasións un spot televisivo que unha película feita seriamente. Debería costar menos a entrada."

DIEGO GALÁN, El país. 2 de febreiro de 1983.


"A película é, sobre todo, unha permanente agresión visual. Claroscuros mesturados con alucinacións rabiosas, producidas por neóns de gran potencia e cromatismo. Fumes de vehículos, chamaradas de gas, vahos de vivendas, en sucesión agobiante. E, dominándoo tod, as sucesivas aparicións desa inmensa cidade abigarrada de enormes edificios puntiagudos e extraños, que contrastan cos tumultos de xentes variopintas das súas rúas: razas, modas, esnobismo, abandono, sexo, dispendio e un largo etcétera. A civilización deveñiu nun caos permitido, quizáis por ineludible, e por elo mesmo os espacios siderais convertéronse nos futuros paraísos. A investigación e acción de Deckard prodúcense en tal contexto visual, que confire á película un prioritario carácter de "cárcere humana" transmitido ó espectador apaixoadamente."

NORBERTO ALCOCER IBÁÑEZ, Cine para leer. 1983.

Volver ó fogar